Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/04/16

Ganapán das palabras

 Leo en "Lermos.gal":

KALANDRAKA cumpríu 18 anos de traxectoria editorial este 2 de abril, data na que se conmemora o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Con este motivo, vén de publicar unha edición especial de “Ganapán das palabras”, dos autores galegos Pepe Cáccamo e María Xosé Fernández, recuperando os orixinais dun álbum que saíu por primeira vez do prelo en 1998, no ano de fundación da editorial.





E aquí teño o libro na man, Ganapán das palabras ten cinco palabras que procuran aventuras e nesas caen dentro dun espello. Que pode ocorrer? Que se volven do revés. E como as imos ler nós entón???
Con rimas nos versos todo pode suceder. A poesía é maxia. Ou é a maxia poesía? Sexa como for, as palabras poderedes atopalas se pensades en verso.

Fantástica reedición coa que nos agasalla a editorial Kalandraka a quen andabamos perdidiós por aqueles anos e non estabamos na procura de xoias que esta editorial vén publicando durante todos estes anos. Unha inmensa ledicia é o que nos procuran con cada nova edición ou reedición. Que estean en Galicia e defendendo a nosa lingua, publicando asemade noutros idiomas, é unha satisfacción inmensa.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.