Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/07/15

Dibujo de una ciudad

Este é un deses álbums que te conquistan polos sentidos, os do olfacto, o do tacto e o da vista. É imposible non ulilo, non saborealo, non percorrelo. Estamos a falar de Dibujo de una ciudad de Teju Behan (o Tejubehan) que publica Thule. Un libro feito a man, fabricado artesanalmente, serigrafiado, onde a arte e o deseño xúnguense para amosarnos a autobiografía da súa autora, artista autodidacta que conta a súa vida dende a nenez ata unha adolescencia marcada pola emigración, a pobreza, o chabolismo; logo vén a arte, a canción, o debuxo. O que temos entre as mans. Unha historia, unha vida.
Marabilla.





O machismo invisible e os micromachismos

"El machismo invisible y los micromachismos" é un documental que trata de amosar situacións nas que se produce este fenómeno pero que se ve como normal.



30/07/15

Tribute to Hayao Miyazaki

Xenial tributo a Hayao Miyazaki realizado por Dono:


vía

Joven para siempre (Forever young)

O 17 de xaneiro de 1974 publícase Planet Waves, onde se atopa unha canción que Bob Dylan dedica ao seu fillo, Forever Young. 
A editorial Blume publica este álbum ilustrado por Paul Rogers con esta letra, Joven para siempre (Forever young), e nel atopamos os escenarios cotiás da vida de Bob Dylan, como o el Greenwich Village e Washington Square, ou o Festival Folk de Newport. No libro tamén atopamos personaxes das cancións protagonistas de Dylan como son Martin Luther King, Joan Baez, Pete Seeger, Albert Grossman ou os seus compañeiros de The Band. Outras ilustracións agochan algún misterio!
Non cómpre ser fan de Dylan para achegarse a este libro. Pero se o es, non o dubides.

“Que se cumplan tus deseos. Que puedas ver la verdad. Que tengas fuerza y coraje. Que siempre suene tu canción. Que el tiempo te haga justo. Que tus cimientos sean fuertes. Alza una escalera hasta las estrellas y sube cada peldaño. Ten el corazón siempre alegre. Permanece siempre joven, siempre joven, siempre joven.”




Machismo NO es destino

29/07/15

Irma Sirena

Con texto de Antonio Tabucchi e ilustracións de Gabriella Giandelli publica Libros del Zorro Rojo Irma Sirena,  o primeiro conto de Tabucchi nun álbum que fala de desasosego, de nostalxia, de amizade, de infancia. Pero tamén fala de tenacidade, de facer posibles os soños, de loitar por eles, de non abandonar na súa procura. Calidade literaria ilustrada, porque as ilustracións non desmerecen para nada o texto, a conxunción converte o álbum nun elemento especial que procura unha sensación tenue de morriña. Esa que non nos sacudimos nunca.




Educando sen consentir

 Un dos puntos máis controvertidos nas discusións sobre violacións é o consentimento: cando falla a comuniación as violacións poden ocorrer sen que o violando entenda que iso é unha violación ou non entende por que a vítima séntese mal.

A debuxante de cómics Alli Kirkham desexa aclarar cunha serie de 7 cómics os problemas que rodean o consentimento utilizando situacións cotiás. Os criminais violentos non se preocupan polo consentimento, de aí a necesidade da educación e non cruzar fronteiras das outras persoas sen percartarse.

1. Te quedas hasta que acabe

2. Una vez dijiste que podía

3. Dijiste que te gustaba

4. Dijiste que lo querías

5. Eres mi esposa y es tu deber

6. Me lo debes

7. Lo estás pidiendo


28/07/15

Bebe- César debe morir

La vida de las paredes

Incrible este libro de Sara Morante que publica Lumen co título La vida de las paredes, unha novela ilustrada onde texto e ilustración van da man para lectores e lectoras adultos. A historia dun edificio de principios do século XX onde as paredes teñen moito que dicir e os cadros cobran vida mentres sabemos dos seus conveciños e as súas falcatruadas e soidades. E de fondo, as gárgolas, como un perigo potencial maligno en toda a súa extensión. Unha novela coral onde nos mergullamos entre a poesía das palabras e das ilustracións que as acompañan, nun ton fantástico e por veces amargo que nos descobre a parte máis tremenda das vidas e das mentiras que vivimos. Tan só cinco días dunha semana calquera serán suficientes para saber dos seus inquilinos e das súas aspiracións, tamén dos seus sufrimentos.
É un libro que paga a pena posuír e mirar de cando en cando,  unha vez lida a historia teremos apreixadas as ilustracións para sempre.

«Entrar en el enorme portal número 16 de la calle Argumosa significa sumergirse en un mundo de silencios y secretos, percibir la tenue luz que entra por la vidriera emplomada y el fuerte olor a madera envejecida y a alcanfor. Franquear el enorme portal mirando de reojo a la minúscula portería, subir despacio las escaleras para observar sin disimulo en cada piso la difícil vida de sus habitantes por un agujerito, como ese por el que Fernando Ruballo espía a María la bordadora.
En el número 16 de la calle Argumosa conviven el sufrimiento, la belleza, la locura y el amor…»





Un minuto de silencio



Máis de 300  árbores do Paseo do Prado foron taladas co anterior goberno madrileño. O artista  José Manuel Ballester retratou os tocos para elaborar coas súas imaxes un vídeo denominado "un minuto de silencio".




Vía

27/07/15

Yo tb tq



Vía

Amigos

Fermoso, non, fermosísimo é este álbum sen palabras de Andrea Hengsen e Béatrice Rodríguez que publica Libros del Zorro Rojo: Amigos é un conto sobre a Amizade con maiúsculas. A vida dun neno que cando vai só atopa todo tipo de perigos que o amedrenta, e que ten unha vida en solitario polo que sabemos da súa expresión; pero un día todo cambia grazas a un cadelo que se fai o seu amigo. Iso fará que ata a súa face mude de expresión. Pasan máis cousas tenras que non vos vou contar, claro está. Pero o que aparentemente semella un álbum sinxelo non o é, porque as ilustracións falan por si soas. E darán para reflexionar! Un libro cheo de tenrura e lecturas. Marabilloso!






26/07/15

O himno galego en lingua de signos

Pista Negra

Salamandra na súa serie "black" publica esta novela negra de Antonio Manzini: Pista Negra. Un libro doado de ler que se devora nun momento. A destacar sobre todo o personaxe principal, un subxefe de policía a quen odiar e a quen amar, Rocco Schiavone, un home que está fóra de todo, que pasa de respectar a lei, pero que ao mesmo tempo amosa unha gran humanidade, e que ademais deixarase querer pola súa soidade... que non descubriremos case ata o final. De momento, un malandrín mullereiro, adicto, irresponsable, insolente, sarcástico... E con todas estas características negativas aprenderemos a amalo. A ambientación tamén é destacable, xa que este home terá que aprender a convivir nun lugar que odia e que lle é adverso. Menos mal que os habitantes son como son! Un mundo e unha novela que atrapan, sen cinismos. A pesar do que pretende o noso policía de turno.
A destacar, a aceda descrición das persoas coas que fala, que encadra en diferentes categorías animais, e unha máis que divertida clasificación daquilo que "le toca los cojones":
"El non plus ultra, la madre de todas las tocadas de cojones: tener que apechugar con un caso"

Non á violencia contra as mulleres (CDXXIV)

"A Vítima" é unha curta contra o acoso sexual na rúa en Exipto, de Safwan Nasser El Din, premiado no Festival de Cannes 2014. 
A curta segue as reflexións dunha muller que padece acoso como parte da súa vida cotiá, dende a súa percepción como vítima e cuestionando as basas das relacións de xénero na sociedade exipcia.

The Victim



Estoy cansada…  cansada del miedo al caminar en la calle. Cansada de la traición de mi vecino
Cansada de todos los que me ven como un pedazo de carne; Una carne cuya violación es permisible. Que se puede golpear. Que se puede acosar. Que se puede acorralar
Ellos creen que me hacen un favor acosándome o tocándome; “ven acá nena, sabes que te gusta”. Estoy cansada de mirar a todos lados. De los gritos en mi oído mientras camino con la cabeza baja, para evitar ser golpeada por una mirada o una palabra
La mirada sucia de los que me rodean. Los ojos que escanean cada parte de mi cuerpo. La palabra que humilla mi corazón. Cada vez, lagrimas que salen desde lo profundo. Cada vez, heridas que sangran sin curarse
Estoy cansada de ti y tu paraíso; de tu debilidad. Me acosas por tu fracaso en probar tu importancia. No puedes probar que eres un hombre. Porque la sociedad te ha quebrado. Te ha negado la oportunidad, te ha hecho un lisiado
Me acosas para sentir que eres UN HOMBRE: Eso te alivia? Puedes sentir ahora tu masculinidad? Cuando me haces sentir miedo de ti? Sientes tu hombría cuando me humillas? Cuando me haces sentir lisiada? Eso es Hombria?
Algunos se llaman a sí mismos “Artistas”… artistas que sólo ven mi cuerpo y nada más.  Ustedes han hecho de mi un cuerpo sin cabeza, un cuerpo para el placer y la seducción.. una modelo.. callada… desnuda. Han arruinado mi imagen en la sociedad.
Ustedes enseñan como acosar en las películas; las películas que educan a generaciones. Ustedes hacen los modelos de ladrones y prostitutas. Ustedes no venden arte, sino lujuria.
Una sociedad. Una sociedad que ha perdido la moral y la ética. Que ha perdido su identidad. Una sociedad que ha alcanzado su punto de distorsión en comprender las relaciones entre un hombre y una mujer… reduciéndolas exclusivamente a lo sexual.
(El Hombre) “Ella tiene la culpa, ella tiene la culpa, ella tiene la culpa, ella se lo merece, ella tiene la culpa. Nos has avergonzado, no eres nada. Ella lo vio venir, ella lo pidió”
Ahhh. Hasta ese punto no valgo nada.  Hasta ese punto el acoso es algo normal y aceptado. Hasta ese punto mi cuerpo le pertenece a todos los hombres de la sociedad.
Nadie va a respaldarme? Nadie? Cómo así que soy la victima y la victimaria al mismo tiempo? Pero si sólo estoy aquí, parada! Hasta cuando lo tendré que soportar?
Callada.. en silencio, con miedo. Viviendo sin dignidad ni autoestima. Será mi vida así hasta su último aliento? Tengo que esperar que alguien sienta lástima de mi y me ayude? Tengo que soportar que alguien venga y me quite mis derechos?
Aquí viene él otra vez. Me tocará otra vez… Basta. Ya no lo aguanto más. BASTA!!!!!!! (Ella le da una bofetada)
Esto es más que suficiente!
Nunca más permitiré a esta sociedad cargar sobre mis hombros con sus problemas! Nunca más permitiré que me hagan callar o me pidan bajar la voz porque soy una chica! Nunca más me dejaré abusar para luego callar y “evitar el escándalo”!
Ahora, eres tú el que esta muerto de miedo, con tus complejos reflejados en tu cara. El acoso sexual era tu hobbie hasta que se convirtió en vicio, el peor de todos; tu mano agarrando por reflejo los cuerpos femeninos. Como un animal vivirás, odiándote a ti mismo.
Si alguien se atreve a mirarme, lo miraré de frente y preguntaré: Que estás mirando?
No es mi culpa que tú no entiendas tu propósito en la vida. Has fallado en comprender por qué Dios te ha creado más fuerte fisicamente (musculoso) …
YO SOY VIDA … Se supone que debes atesorarla… no abusarla. Hay una gran diferencia entre un MACHO y un HOMBRE. Tu conducta sólo ha traído vergüenza a la Masculinidad.
Nunca más aceptaré ser tratada como una ciudadana de segunda clase en mi país. Si encuentro a una mujer siendo acosada y callando, la animaré a hablar, estaré a su lado, la acompañaré y yo denunciaré y avergonzaré a gritos a su acosador
PORQUE EL ESCÁNDALO ES PARA ÉL Y NO PARA MI
NO ME VENCERÁN.

25/07/15

Los Tres Bandidos

¡Los Tres Bandidos! Curta animada de 1972.



Tomi Ungerer - Les trois brigands The Three... por baraqueafritz

Advertencia ¡No abras este libro!

Advertencia ¡No abras este libro! Logo non digades que non avisei. A editorial Juventud publica este xogo interactivo narrado por Adam Lehrhaupt e ilustrado por Matthew Forsythe. O libro é, xa digo, un xogo metaliterario. O narrador pretende afastarnos da lectura constantemente, porque é perigoso pasear entre as páxinas. E vaia se o é! Porque hai animais en perigo que teremos que salvar, igual que teremos coidado tamén nós de non sermos devorados por un caimán. Moito olliño!
Orixinal e divertido, asemade solidario, imprescindible libro para contar.




Niños vs. Moda

Onte estivo no Curso de Igualdad de Lalín Yolanda Domínguez, quen nos falou dos seus proxectos arrredor do mundo da moda. Este é o último, onde unha vez máis denuncia a representación da muller na moda como unha das principais fontes de desigualdade: 


24/07/15

Estrella Damm 2015

Mi rinoceronte también come crepes

Publica Blume este álbum de Ann Kemp e Sara Ogilvie: Mi rinoceronte también come crepes, un libro para reflexionar sobre o tempo que se dedica a fillos e fillas, a prioridade que se lle dá ao traballo en lugar de ter en conta a esas pequenas persoas que necesitan ser escoitadas. 
Un texto e unha ilustracións sinxelas para unha historia que precisa ser lida e escoitada polos maiores. Por iso é ideal como lectura conxunta. Porque, ademais, a imaxinación é a oportunidade que a infancia nos regala para seguir sendo nenos. Non a perdamos.






Costa das mulleres

22/07/15

Palm Rot

Curta multipremiada:




Vía

Ernesto y Celestina van de picnic

Gabrielle Vicent é a autora de Ernesto y Celestina van de picnic que publica Mare Nostrum na súa colección "Momo". Este libro forma parte dunha serie cos mesmos protagonistas (un oso forte con moita paciencia e unha ratiña mimarracheira e inqueda) onde destaca a amizade, a tenrura, a afectividade. Estas cualidades son as que imprimen o texto, un pequeno diálogo que ocupa a parte inferior da páxina mentres a ilustración ocúpaa case enteira.

Concienciar desde o debuxo

ONU Mulleres, xunto coa Comisión Europea , a Cooperación Belga para o Desenvolvemento e RUNIC veñen de organizar un concurso de cómic sen palabras sobre a Igualdade de Xénero para mozos e mozas de 18 a 28 anos de toda Europa. Os tres primeiros postos foron para Emilio Morales, de Huelva, David Ibáñez, de Yecla, e Samuel Akinfenwa, de Zaragoza.
vía


  •  Emilio Morales Ruiz
  •  David Ibáñez Bordallo
  •  Samuel Akinfenwa Onwusa
  •  Aleksi Siirtola
  • Agata Hop
  •  Aitor López García
  •  Joanna Grochulska
  • Clara Mar Hernández López
  • . Laurence Herfs
  • Olga Schikunov
  •  Jakub Topor
  •  Mariola Stachnik

21/07/15

Wings Of Change

Wings Of Change from Andrew Wamboldt on Vimeo.

Vía

Reflexiones del señor Z

En Anagrama topamos este libro de H. M. Enzensberger: Reflexiones del señor Z. o migajas que dejaba caer, recogidas por sus oyentes. Non estamos ante unha novela senón que é un libro de aforismos moderno, onde o protagonista conmina o lector/a a cavilar sobre todos os temas. Guiados por un protagonista do que nada sabemos agás da súa sabedoría, é unha especie de Sócrates excéntrico que gusta de ser escoitado, discutido, aprehendido. O labor do protagonista é falar de relixións -ou da súa ausencia-, das institucións, da economía, da educación... de todos os temas posibles. O mellor é esa porta aberta a un universo de pensamentos. Non leremos os pensamentos do señor Z como algo que debemos crer, senón que o importante é que nos deixa cavilar a nós, xa que el mesmo contradise habitualmente. E iso é o mellor. Porque do humano e do divino somos quen de opinar.


Gosia Herba

Gosia Herba xunta sinxeleza en branco e negro para plamar o mundo dos libros e a súa especial relación cos lectores e lectoras. 











Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.